Proxectos é un grupo de empresas
formado polas sociedades Proxectos, Consultoría e Formación, S.L. e Proxectos,
Ensino, S.L..
Proxectos
é un grupo galego dedicado á
consultoría e a formación nos ámbitos público e privado.
Desenvolvemos o noso traballo en seis áreas
diferenciadas: Comercio Exterior, Desenvolvemento, Mellora empresarial,
Comercio, Emprendedores e Sector Público.
Proxectos xenera e difunde plans de actuación que
sirven para mellorar as diferentes áreas nas que estamos a actuar. Proxectos ten
unha visión proactiva da consultoría, presentándonos ante os/as clientes con
proposta propias, que son adaptadas e modificadas en función das necesidades dos
e das clientes.
En Proxectos contamos cunha equipa propia
multidisciplinar e unha rede de colaboradores estable que nos permite dotar á
nosa organización da fexibilidade e cualificación profesional que require cada
proxecto que desenvolvemos.
A nosa especial sensibilidade cara a asunción das
necesidades e perspectivas amosadas polos/as clientes, sen abandoar a necesaria
obxectividade que esixe calquera traballo realizado, fan da nosa organización o
apoio estable que moitas empresas e institucións precisan para o desenvolvimento
da súa actividade.