Comercio exterior Desenvolvemento Comercio Mellora empresarial Emprendedores Sector Público 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

COMERCIO

 

Nunha sociedade cada día máis dinámica, co mercado en permanente cambio e con niveis de competencia maiores; a actividade comercial resulta máis difícil e retadora. Por este motivo compre dotar aos comerciantes das ferramentas, información e formación necesarias para adecuarse as cambiantes condicións do mercado actual. Este incremento no grao de cualificación e información dispoñible permitirá ós establecementos comerciais planificar o seu devenir e actuar de xeito máis eficaz e profesional.

Debe terse en conta que a constitución e a consolidación do pequeno comercio é unha das máis importantes fontes de creación de riqueza e emprego por eso a adecuación e renovación de ferramentas, coñecementos e métodos é tan importante para asegurar o futuro éxito do establecemenos comerciais e a renovación dos productos e servizos prestados á cidadanía.

Para esta consolidación e aumento da competitividade o pequeño comercio non debe esquencer a cooperación empresarial para poder mellorar e incluso sobrevir, sexa a través do tradicional asociacionismo ou calquer outra forma de colaboración

Proxectos, Consultoría e Formación ten definido a área comercial como unha das áreas de traballo, fixándose no seu desenvolvimento dos seguintes obxectivos:

 Obxectivos:

bullet

Modernización do comercio polo miúdo.

bullet

Orientar as organizacións cara o mercado.

bullet

Dar a coñecer novas ferramentas de xestión

bullet

Analizar e mellorar a organización e a xestión dos negocios.

bullet

Crear e fomentar a cultura de calidade na atención ó cliente e no servicio.

bullet

Ofrecer a formación axeitada para os/as traballadores/as e xestores/as dos establecementos.

bullet

Creación dun Servicio de Asesoramento ó Comercio

bullet

Implantación de novos establecementos

bullet

Mellora dos comercios en activo

 

 

Para o logro destes obxectivos algúns  dos servizos prestados nesta área:

 

Servizos:

 

bullet

Estudos de situación do sector comercial

bullet

Deseño de plans de mellora comercial

bullet

Traballo con Asociacións comerciais

bullet

Deseño de campañas publicitarias e promocións conxuntas

bullet

Ferramentas informáticas de apoio a creación e mellora de comercios

bullet

Plans de dinamización comercial

bullet

Programas para apoiar a implantación de novos establecementos

bullet

Formación ( marketing, merchandising, atención ó cliente, finanzas)

bullet

Ferramentas para a fidelización de clientes

 

 

Inicio

Cambiar Idioma

e-mail