Sistema de Xestión de Calidade
A xestión da calidade defínese como o conxunto de accións planificadas e sistemáticas, encamiñadas a proporcionar a confianza adecuada de que un produto ou servizo vaia satisfacer os requisitos dados sobre a calidade establecidos polo cliente, usuario ou cidadán.
Un sistema de xestión de calidade é un conxunto de procesos e actividades que interactúan de forma coordinada para dirixir unha organización no referente á calidade.
O Sistema de Xestión de Calidade de Proxectos está baseado e cumpre os requisitos establecidos nunha norma internacional: UNE-EN ISO 9001:2000 Sistemas de xestión de calidade. Requisitos. O cumprimento desta norma internacional de calidade nos ven avalada por AENOR(Asociación Española de Certificación y Normalización), entidade dedicada ao desenvolvemento da normalización e certificación en tódolos sectores industriais e de servizos.
A implantación deste Sistema supuxo unha decisión estratéxica para Proxectos, tomada polo Consello de Administración, e ten coma finalidades principais a mellora da organización interna e a consolidación e crecemento do noso mercado. Pensamos que a Calidade é un elemento diferenciador fundamental no éxito empresarial.



