Descrición
A importancia do sector público na evolución do entorno económico e social que rodea á cidadanía fai das modernas técnicas de Xestión Pública unha ferramenta fundamental para a detección das necesidades sociais, a análise dos problemas públicos, a mellora na toma de decisións político - administrativas e a solución dos problemas públicos. O cumprimento do procedemento coma factor fundamental de lexitimidade pública da así paso a un novo obxectivo organizativo, acorde coas necesidades e expectativas da sociedade, no que a eficacia e a optimización de recursos convírtense en criterios fundamentais
Deste xeito, a Área de Xestión Pública do Grupo Proxectos, nace co obxectivo de apoiar ás Administracións Públicas á hora de deseñar, xestionar e avaliar políticas públicas e servizos públicos que dean resposta ás demandas sociais, tanto na súa faceta interna – referida á asunción de cambios de corte organizativo – como externa – referidos á mellora continua na prestación de servizos ou de planificación dos mesmos – de cara a consegui-la mellora das condicións da poboación e do territorio no que se asentan as devanditas administracións.
Servizos
- Deseño de políticas públicas.
- Apoio á xestión e comunicación de políticas públicas.
- Avaliación e Análises de coñecemento social de políticas públicas e institucións.
Liñas de Servizo
Servizos
- Análises de impacto social de infraestruturas e servizos públicos – NIMBY.(folleto de servizo).
- Deseño e xestión de procesos de deseño de políticas públicas de carácter participativo.
- Elaboración de plans estratéxicos (plans de empresa) institucionais. (folleto de servizo).
- Procesos de planificación estratéxica territorial ou sectorial de carácter participativo.
Algunhas Referencias
- Diagnose estratéxica e participativa do comercio xusto de Galicia.
- Elaboración dos orzamentos participativos para o Concello de San Sadurniño.
- Plan de Mellora da industria do libro.
Servizos
- Xestión de Servizos públicos.
- Análises de marketing institucional e deseño de Plans de Comunicación Institucional.(folleto de servizo).
- Apoio a procesos públicos de selección de persoal.
- Deseño de Cartas de Servizos.
- Programas de Formación (Xestión Pública, Xestión de Redes, Avaliación...).
- Plans de mellora e modernización das administracións públicas.
Algunhas Referencias
- apoio para a coordinación das actuacións e tarefas incluídas no proxecto Convive+ e a prestación de asesoramento ás distintas entidades socias deste proxecto nos anos 2006 e 2007.
- Xestión da Mancomunidade de Municipios de Aroura Norte.
- Elaboración do documento de transferencia para os Bancos de tempo.
- Plano de comunicación do servizo de formación e emprego do Concello de Culleredo.
- Asistencia Técnica ós procesos de selección de persoal para os Centros de Atención ás Persoas Maiores e Plan de Igualdade de Oportunidades e Plan Integral de Apoio á Familia.
- Asistencia Técnica ós procesos de selección de persoal para: Galescolas, Centros de Atención ás Persoas Maiores, Servizos Centrais e outros do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
- Curso "Habilidades sociais e ética do servizo público".
- Curso "Procedementos e proxectos nos servizos públicos".
- Curso "Recursos humanos nas administracións públicas".
- Curso "Xestión de recursos humanos para mandos intermedios da Xunta de Galicia".
- Curso "Actualización de mandos intermedios".
- Curso de Instrumentos de Mellora na Administración Local.
Servizos
- Análises de coñecemento social de políticas e institucións.
- Avaliación de políticas e servizos públicos.
Algunhas Referencias
- Avaliación do Proxecto de inserción ocupacional Asiste.
- Avaliación do Proxecto de inserción ocupacional Solidaria.
- Avaliación do Proxecto de inserción ocupacional Abeiro.
- Seguimento do Proxecto de inserción ocupacional Insertamos.
- Avaliación do Proxecto Nexus Rede (Equal) e DSQOOP ( Interreg III-A).
- Avaliación das servizos para a muller en Galicia.
- Avaliación do Proxecto Novas Estratexias para a Sensibilización Social (Acción 3 conxunta dos Proxectos EQUAL COMPAS, XERME e Coruña Solidaria).
- Avaliación do servizo para a Empresa Mixta de Augas de Ferrol.
- Avaliación transnacional do Proxecto Compostela Social.
- Avaliación do III Plano de Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres do Concello de Valladolid.
- Avaliación do Programa Actuaciones de apoyo para la creación de empresas para o Instituto Municipal de Emprego de Valladolid.
- Avaliación do Proxecto Equal Compostela Social.



