Descrición
Nos últimos anos a cooperación ao desenvolvemento comeza a adquirir unha relevancia cada vez maior nun mundo onde os problemas de desigualdade e pobreza mundial non acadaron solución nas pasadas décadas.
Sobrepoñerse aos obstáculos para o desenvolvemento non precisa só de maiores fondos, senón tamén duns instrumentos máis axeitados para o financiamento da cooperación, unha mellora cualitativa na calidade e eficacia da axuda e unha implicación activa de tódolos axentes da sociedade.Proxectos, Consultoría e Formación, dende a área de Cooperación Internacional, consciente das novas necesidades e esixencias demandadas por un sector cada vez máis comprometido coa calidade da axuda, conta cun equipo interdisciplinario de especialistas, prestando servizos personalizados a cada cliente
Obxetivos
- Facilitar os procesos de deseño, xestión e avaliación da axuda para os distintos axentes do desenvolvemento en España proporcionando ferramentas que contribúan a incrementar a calidade e eficacia da axuda.
- Executar proxectos de asistencia técnica internacional con financiamento de organismos multilaterais.
- Contribuír á profesionalización do terceiro sector, con servizos e produtos que axuden a mellorar a formación e o funcionamento das organizacións sen ánimo de lucro, as institucións públicas e outros axentes de desenvolvemento.
- Transmitir a experiencia profesional e os coñecementos do seu equipo multidisciplinar ás ONGD para mellorar a súa xestión e organización interna..
Liñas de Servizo
Servizos
- Deseño, identificación, formulación e xestión de proxectos de desenvolvemento.
- Seguimento e avaliación externa de proxectos de desenvolvemento.
- Asistencia a entidades públicas e privadas na selección, valoración e avaliación das propostas de financiamento de proxectos de desenvolvemento.
- Integración e impacto de xénero nos proxectos de desenvolvemento.
Algunhas Referencias
- Asesoramento para a solicitude dun proxecto de cooperación á Convocatoria Aberta e Permanente da AECID, Concello de Santiago de Compostela.
- Titorías de seguimento aos beneficiarios do Programa de Microcréditos, Obra Social Caixa Galicia.
- Rede Singra. Titorización de emprendedores, Cruz Vermella.
Servizos
- Formación específica e capacitación para técnicos de entidades públicas, persoal de ONGD e outros axentes.
- Cursos introdutorios e de especialización ao sistema de cooperación.
- Educación para o desenvolvemento e campañas de sensibilización da poboación.
Algunhas Referencias
- Curso de medios de comunicación e ONG´s, Coordinadora galega de ONG´s para o desenvolvemento.
- Curso de creación de empresas importadoras de Comercio Xusto, Fundación Taller de Solidariedad.
- Elaboración dunha guía de actividade empresarial: “tenda de comercio xusto”, Bic Galicia.
- Contos do Mundo, Menoria.
- o Obradoiro de asociacionismo, Concello de Corcubión.
Servizos
- Asistencia técnica a administracións públicas na definición e formulación de estratexias e políticas de desenvolvemento.
- Asistencia na creación e implementación de organismos, entidades e comisións técnicas que operen no ámbito da cooperación ao desenvolvemento e a axuda internacional.
Algunhas Referencias
- Asistencia técnica para a creación do fondo leonés de cooperación e solidariedade, Deputación de León.
- o Asistencia para a creación e coordinación dunha Comisión de Artellamento e Promoción do sector do Comercio Xusto en Galicia, Dirección Xeral de Cooperación exterior.
Servizos
- Planificación estratéxica de ONGD.
- Calidade na xestión coa implantación da norma EFQM.
- Elaboración do cadro de mandos de ONGD ca definición dos postos actuais e ideais. Capacitación do persoal de ONGD coas carencias detectadas.
- Propostas de melloras na xestión, asistencia básica para a mellora no funcionamento interno da entidade.
- Busca de financiamento e asistencia para a mellora no deseño de proxectos de entidades sen ánimo de lucro no ámbito do desenvolvemento.
Algunhas Referencias
- Curso de calidade e xestión de ONG´s, Coordinadora galega de ONG´s para o desenvolvemento.
- Plan estratéxico de Menoria 2008-2009, Menoria.
- Creación de Importadora de Comercio Xusto, Fundación Taller de Solidaridad.
Servizos
- Estudos de situación e diagnose para institucións públicas, ONGD e outros axentes emprego.
- Estudos de viabilidade e sostenibilidade.
- Investigación en diferentes ámbitos e áreas temáticas co obxectivo de satisfacer a demanda do sector.
Algunhas Referencias
- Estudo sobre a poboación inmigrante en Valladolid e as súas potencialidades como axentes para a posta en marcha de actuacións de codesenvolvemento, Concello de Valladolid.
- Diagnose estratéxica e participativa do Comercio Xusto en Galicia, Dirección Xeral de Cooperación Exterior.
- o Diagnose de situación da inserción laboral de persoas con dificultades de aceso ao mercado laboral, Bidasoa activa.



