Descrición
Os sistemas de xestión de calidade son unha ferramenta para garantir un funcionamento eficaz das organizacións, independentemente do seu tamaño ou campo de actuación, sempre e cando sexan deseñados e implantados tendo en conta as necesidades, posibilidades e obxectivos de cada organización.
Cada organización é diferente, polo que o sistema de calidade que se implante en cada unha delas debe responder ás súas particularidades e fuxir de solucións e ferramentas excesivamente xeralistas.
Por isto, o servizo que prestamos nesta área baséase tanto na análise pormenorizada da organización do cliente coma na impartición de formación e adestramento ás persoas da organización no modelo xerado, co obxectivo de proporcionar ferramentas que posibiliten unha mellor xestión interna, que permitan as organizacións ser autosuficientes á hora de resolver problemas no ámbito da calidade así como brindar un asesoramento completo, que permita simplificar e axilizar o desenvolvemento do seu traballo.
Obxectivos
- Achegar a calidade a calquer tipo de organización.
- Capacitar aos cadros directivos e xestores para adoptar un enfoque baseado nos procesos e na mellora continua.
- Facilitar a implantación e xestión dos sistema de xestión de calidade.
- Fortalecemento Institucional de ONGD.
- Incrementar o nivel de eficacia e eficiencia organizativa
Liñas de Servizo
Servizos
- Impartición de formación en calidade para empresas e organizacións públicas.
- Implantación da norma de calidade UNE-EN ISO 9001:2000 “Sistemas de xestión da calidade. Requisitos”.
- Implantación da norma UNE 66176:2005 “Sistemas de xestión da calidade. Guía para a medición, seguimento e análise da satisfacción do cliente”.
- Implantación de modelos de mellora de xestión e mellora de procesos.
- Implantación de Cartas de Servizos conforme á norma UNE 93200:2008.
Algunhas Referencias
- Taller Creación empresas Inmigrantes Sada. Módulo de calidade.
- Xestión de recursos humanos para mandos intermedios da Xunta de Galicia. Módulo de calidade.
- Procedementos BIC Galicia.
Servizos
- Realización de auditorías interna.
- Apoio nas revisións do Sistema de Xestión pola Dirección.
- Asistencia durante as visitas de seguimento e renovación das certificadoras.
- Consultaría e asesoría xenérica do sistema.
- Procedimentalización: deseño e asesoramento na implantación de procedementos e instrucións de traballo.
- Asesoramento a empresas para a obtención da certificación de calidade.
- Soporte na integración dos sistemas de xestión da calidade e medio ambiente.
Algunhas Referencias
- Auditoría na asesoria Santiago Zapata.
- Plan de implantación da norma UNE 175001-1 Calidade de servicio para pequeno comercio en As Pontes.
- Plan de implantación da norma UNE 175001-1 Calidade de servicio para pequeno comercio en Tui.



