Responsabilidade Social Corporativa
Xurdida da propia esencia humana das organizacións, a Responsabilidade Social Corporativa é un dos retos actuais ao que deben facer fronte as empresas que pretenden ser sustentables e competitivas ao longo do tempo.
Dende Proxectos apostouse dende un primeiro momento pola implementación e trazado dun compendio de medidas orientadas a mellorar a estrutura interna da organización. Tentando acadar esa sustentabilidade a curto prazo, e ao amparo do “Proxecto Diana”, fomentase o benestar psico-social das persoas traballadoras con obxecto de que isto reverta nun beneficio global bidireccional.
Acádase deste xeito un ritmo de crecemento constante, onde podemos afirmar con rotundidade que a fidelización do denominado “cliente interno” (cadro de persoal) pasa a ser o elemento fundamental.
A esencia da Responsabilidade Social Corporativa implica a asunción, recoñecemento e cumprimento dunha serie de principios e/ou responsabilidades éticas por parte das empresas. Os responsables do Grupo Proxectos, comprometéronse a aceptar, asumir e respectar os seguintes principios éticos, acordes cos fundamentos teóricos da Responsabilidade Social Corporativa:
- Trato Correcto: Asegurar un trato baseado no respecto á dignidade da persoa, educado e respectuoso, non utilizando a coerción mental / física, nin abusos verbais ou trato vexatorio.
- Non–Discriminación: Respectar a igualdade de oportunidades e de trato independentemente da raza, cor, sexo, relixión, orientación sexual, opinión política, nacionalidade, orixe social,... Non realizar inxustizas nin agravios comparativos na contratación, promoción, valoración, retribución, formación, información, participación, cese, despido ou xubilación.
- Contrato de Traballo: facilitar a tódalas persoas contratos de traballo xustos, cumprindo toda a lexislación vixente, incluído todo aquilo que dea crédito á protección social.
- Condicións de Traballo: Dispor do entorno de traballo, equipamentos, normas, instrucións,... que faciliten ás persoas un ambiente laboral axeitado dende os puntos de vista profesional, medioambiental, e de saúde , seguridade e hixiene.
- Saúde, Seguridade e Hixiene: Implantar unha cultura de seguridade integral interna e externa á empresa, adoptando as medidas preventivas e protectoras axeitadas para garantir un entorno laboral seguro e saudable, atendendo aos riscos de cada posto de traballo e ás condicións de cada traballador/a, cumprindo as esixencias legais vixentes.
- Salario Xusto: Remunerar ás persoas xusta e dignamente polo seu traballo, segundo a normativa legal, e garantindo un nivel de vida digno para eles/as e as súas familias.
- Organización do traballo: Organizar o traballo cumprindo a normativa básica do sector, en canto a calendarios, xornadas, horarios, quendas,...
- Procedementos e normas: Establecer documentos definidos e xustos para a xestión das persoas: contratación, valoración, remuneración, formación, sanción, despido,...
- Formación: Fomentar e facilitar a formación integral en cada posto de traballo ( laboral, calidade, seguridade,...) e a formación profesional continua de tódalas persoas.
- Información: Proporcionar a todo o persoal a información puntual, completa, clara e comprensible que necesiten sobre a empresa, o posto de traballo, condicións e deberes laborais,...
- Liberdade de asociación e negociación: Recoñecer e aplicar o dereito individual e/ou colectivo a formar comités de empresa, a afiliarse aos sindicatos, a negociar os convenios colectivos,... non establecido medidas discriminatoria contra as e os representantes de persoal.
- Traballo feminino: non discriminar por razón de sexo en canto a condicións de traballo, salario, trato, ... Evitar absolutamente o acoso ou agresión psíquica ou física.
- Emigración: Respectaranse humanamente as esixencias establecidas.
Traballase, por tanto, a denominada Responsabilidade Social Corporativa, como un proceso continuo e entendida coma o feito de poñer en marcha políticas de recursos humanos que vaian acordes co respecto integro dos dereitos fundamentais das persoas traballadoras, promovendo ao tempo accións que superen os mínimos legais establecidos en materia laboral.



