Política de Calidade
Dende Proxectos, cremos firmemente na utilidade dos sistemas de xestión de calidade coma unha ferramenta extremadamente útil para garantir un funcionamento eficaz das organizacións, independentemente do seu tamaño ou sector.
A Política de Calidade de Proxectos é unha forma de xestión baseada na satisfacción dos clientes, na optimización dos recursos e no fomento e impulso da mellora continua. Entendemos a Calidade na prestación dos nosos servizos como a capacidade para satisfacer as expectativas e requisitos dos nosos clientes durante a realización dos traballos e do seus servizos accesorios.
Entendemos a calidade como unha contribución de todos e cada un dos traballadores e traballadoras que integran a organización. Profundamos na asimilación desta filosofía por parte de cada integrante de Proxectos, coa idea de que a calidade depende do desempeño particular de cada un, do rendemento dos equipos de traballo e do de todo o cadro de persoal no seu conxunto.
Consideramos que o servizo é de calidade cando o cliente percibe que o traballo ofertado é superior ás súas expectativas previas, é dicir, “recibe máis do que esperaba”, tendo en conta ademais das súas expectativas, as súas opinións e experiencias previas no proceso de merca.



