Acceso Privado

Usuario
Clave  


Plan de Conciliación

 

O Grupo Proxectos entende que a conciliación da vida profesional, familiar e persoal é un elemento fundamental para o benestar das persoas que o integran, e unha variable estratéxica para a sustentabilidade da organización.

 

Ata agora, foron executadas diversas accións neste ámbito, por exemplo:

  • Redución da xornada semanal obxectivo: de 40 h a 38 h;
  • Flexibilidade no horario dos traballadores: posibilidade de comezar a xornada entre oito e dez da mañá,e rematala a partir das cinco da tarde, cun descanso mínimo dunha hora ao xantar;
  • Dúas tardes libres á semana: unha, os venres, outra a escoller polos traballadores;
  • Xornada de verán: de 8 a 15 h, luns a venres (35 h/semana) do 15 de xullo ao 15 de setembro;
  • Sistema de compensación horaria para as puntas de traballo.

 

Na actualidade, o Grupo Proxectos considera que debe superar esta fase nas súas políticas de conciliación. Por iso, está a elaborar un Plan de Conciliación, co obxectivo de sistematizar as súas accións e mellorar o nivel de satisfacción do seu cadro de persoal.

 

Para a elaboración do Plan, o Grupo Proxectos participa no Plan +C promovido pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia, na fase de Titorías de Corresponsabilidade. Desta experiencia obtívose un documento de traballo que serve como borrador para a elaboración do Plan Conciliación da vida persoal, familiar e laboral para o Grupo Proxectos.

 

Na actualidade, en base aos resultados deste informe, está en progreso a elaboración do Plan de Conciliación do Grupo Proxectos.