Acceso Privado

Usuario
Clave  


Novas Corporativas

Proxectos asesora aos empresarios/as do Polígono de San Cibrao sobre como optimizar as posibilidades que ofrece unha feira

Proxectos Ensino impartirá mañá o curso “Cómo sacar partido a unha feira”, dentro de un conxunto de seminarios dirixidos á Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao. Será a partir das 16.30 horas na Rúa Ricardo Martín Esperanza s/n de Ourense.

Á hora de participar nunha feira é fundamental unha boa preparación da mesma en todas as súas etapas, desde a fase previa, pasando pola celebración da mesma até o momento da análise dos resultados obtidos.

O asesoramento aos asistentes irá encamiñado ao tipo de feiras nas que participar e a recompilación da información necesaria para afrontala, elementos básicos para o óptimo aproveitamento da mesma por parte das empresas.

Para participar as empresas teñen que inscribirse nos seminarios a través da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao (tlf. 988 383 756).


voltar