Novas Corporativas
Entrega de diplomas curso Axente de Innovación
CURSO AXENTE DE INNOVACIÓN (150 horas)
Dentro dun programa máis amplo de fomento da innovación empresarial, o Concello de Ferrol desenvolveu o curso de AXENTE DE INNOVACIÓN de cara a capacitar a titulados universitarios no ámbito da xestión da innovación na empresa. Os axentes de innovación aparecen como dinamizadores, titores tecnolóxicos ou mediadores nos procesos de innovación, trátase dun novo perfil dentro ou fóra da empresa con funcións de intermediador para facilitar a súa adaptación.
O Curso de Axentes de Innovación, desenvolto por Proxectos Ensino, tivo lugar entre o 16 de outubro e 23 de novembro de 2009, e participaron 21 persoas, e ten recoñecido 3 créditos de libre configuración a UDC e 5 créditos pola USC.

voltar



