Novas Corporativas
Proxectos presenta XESTIONA: unha ferramenta informática de xestión para o pequeno comercio
Proxectos Consultoría e Formación S.L. presenta XESTIONA, unha ferramenta informática de xestión para o pequeno comercio e imparte unha charla resumo dos principios básicos para o comercio polo miúdo: lexislación aplicable, horarios comerciais, réxime de prezos, etiquetado dos produtos, pago con tarxeta, documentos de compra, nome comercial e marca, garantías e arrendamento do local, dirixida aos asociados da Asociación de Empresarios e Comerciantes de Redondela. Será a partir das 20.30 horas na Rúa Jorge Regojo 2, 1ºB de Redondela.
voltar



