Acceso Privado

Usuario
Clave  


Novas Corporativas

TERRAS DE PONTEVEDRA PRESENTA O PROXECTO RUTA DOS ARRIEIROS

A Ruta dos Arrieiros é un trazado que transcorría na Idade Media por un antigo Camiño Real, unindo a zona de produción do viño do Ribeiro con Pontevedra. O nome provén dos arrieiros, as persoas que recorrían o Camiño exercendo o oficio de comerciantes ambulantes.

O deseño e execución deste produto turístico foi realizado por Proxectos, Consultoría e Formación, S.L. para o Plan de Dinamización do Produto Turístico Terras de Pontevedra durante o ano 2008, creándose un produto que ofrece ao visitante a posibilidade de gozar dos servizos das empresas participantes nun itinerario organizado.

A gastronomía ocupa un lugar destacado nesta Ruta. Os restaurantes adheridos elaboraron menús especiais, baseados en produtos típicos galegos. Pódese escoller entre o MENÚ RIBEIRO (20€) ou MENÚ RÍAS BAIXAS (30€), gozando de primeiro e segundo prato e sobremesa caseira, acompañados por viño das Denominacións de Orixe Ribeiro ou Rías Baixas, pan e café.

A vantaxe principal desta oferta gastronómica é ofrecer ao cliente un menú pechado, cuxos pratos e prezos coñécense con antelación, podendo realizar o comensal a elección do restaurante en función dos seus gustos.

Na segunda fase do proxecto, realizada por Hábitaq, Consultoría de Desenvolvemento Sostible, S.L. durante o ano 2009, desenvolvéronse estratexias de promoción, dando a coñecer a Ruta dos Arrieiros entre visitantes e poboación local, potenciando así a súa comercialización.

Neste marco creouse o Bono Gastronómico dos Arrieiros, que permite regalar experiencias culinarias no restaurante co comprador escolla, coñecendo anticipadamente o menú que degustará a persoa obsequiada.

A persoa que regala o Menú dos Arrieiros prepaga o servizo e, o agasallado, soamente ten que realizar a reserva anticipada da mesa no restaurante, informando que usará o  Bono Gastronómico dos Arrieiros, que entregará no propio restaurante no momento do servizo.

Arrieiros1

Toda a información da Ruta dos Arrieiros está a disposición de turistas e poboación local na guía da Ruta dos Arrieiros, que contén datos sobre o produto turístico, os servizos asociados ao mesmo e unha descrición individualizada dos distintos establecementos que forman parte da Ruta.

Os exemplares están dispoñibles nos establecementos adheridos á Ruta e nas oficinas de información turística.
Arrieiros2


voltar