Acceso Privado

Usuario
Clave  


Fátima García Eiroá

Fátima García Eiroá licenciada en CC. Empresariais na especialidade de Xestión Comercial da Universidade de Santiago de Compostela, Máster Axentes de Emprego e Novas Tecnoloxías da Información: Planificación, Financiamento e Xestión de Proxectos da Universidade de Vigo. Despois de traballar en diferentes empresas, entre elas Fondo Formación de Ferrol e Concello de Ferrol, empeza no Grupo Proxectos no ano 2006 no equipo de coordinación do Equal Convive+ da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia. Pasa despois á área de Mellora Empresarial como xefa de equipo, área na que se desenvolven proxectos de diagnose e consultoría co obxectivo, entre outros, de consolidar e mellorar a rendibilidade das empresas. Na actualidade desenvolve o seu traballo como xefa de equipo na área de Marketing.