Acceso Privado

Usuario
Clave  


Carlos Manuel Abella

O meu nome é Carlos Manuel, única herdanza tanxible dos meus avós, e cheguei ao mundo ao tempo que a democracia comezaba a abrirse camiño, lentamente, no noso país.

Desde ben cativo, e tal vez por isto, intereseime pola política e os temas sociais. Esas preocupacións leváronme a matricularme en Socioloxía alá polo verán de 1993 na Coruña. Por entón aínda soñaba con transformar o mundo; agora confórmome con pensar que podo contribuír, aínda que sexa minimamente, a pór en marcha pequenos cambios.

Despois da carreira permanecín uns cinco aos ligado ao mundo universitario: bolseiro de investigación da UDC, predoutoral da Xunta, investigador contratado no Depto. de Socioloxía.

En 2003 din o salto (máis ben, fun empurrado) ao traballo por conta propia e empecei a coñecer o mundo da consultaría. Ata que en 2006 tiven a oportunidade de unirme a este marabilloso proxecto. Ese ano tamén din a luz a miña tese tras un longo embarazo. Actualmente desempeño un traballo no que me sinto realizado profesionalmente nun ambiente de compañeirismo dificilmente igualable..