Acceso Privado

Usuario
Clave  


Noa Casas Carreiro

Son licenciada en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago. Alí descubrín a miña vocación polo comercio exterior e por Santiago de Compostela, polo que realicei un Master en Dirección e Xestión do Comercio Exterior na mesma Universidade.
A miña experiencia laboral comezou como bolseira do IGAPE, no departamento de internacionalización, pasando a continuación á consultaría na empresa GALEXPORT e finalmente en Proxectos, onde comecei a miña andaina na Creación da Rede de Comercio Rural Galego, mentres colaboraba en diversas áreas como emprendedores, comercio, sector público, benestar social ... e xa dende os comezos, en comercio exterior, onde levo a meirande parte da miña estadía na empresa.