Acceso Privado

Usuario
Clave  


Equipo

 

Sen dúbida o maior valor do Grupo Proxectos é o seu factor humano, que sustenta e dá contido a toda a súa filosofía de traballo. A Empresa conta cun equipo propio multidisciplinar, con técnicos especialistas nas ramas económica, empresarial, xurídica e social con ampla formación complementaria nas distintas áreas de traballo, e co aval profesional de haber traballado nun gran número de iniciativas e programas. Así mesmo cóntase cunha rede de colaboradores estable que permite dotar á organización da flexibilidade e da cualificación profesional que require cada proxecto a desenvolver.


Ademais disto, o equipo humano caracterízase polo seu dinamismo, creatividade, capacidade de innovación e implicación de todo o grupo de traballo nos proxectos que desenvolve, así como por posuír unha especial sensibilidade para a asunción das necesidades e perspectivas mostradas polos/as clientes/as, sen abandonar a necesaria obxectividade que esixe calquera traballo realizado.