Proxectos é un grupo de empresas coas súas raíces na Comunidade Autónoma de Galicia. Están dedicadas á consultaría, á formación e á investigación social aplicada, tanto no eido público coma no eido privado, estando especializadas cada unha delas en diferentes ámbitos de actuación e en distintas áreas xeográficas.
O grupo Proxectos está composto polas seguintes empresas
- Proxectos Consultoría e Formación S.L.
- Proxectos Ensino S.L.
- Analiza, Técnicas de Investigación Social S.L.
Proxectos, Consultoría e Formación, S.L. naceu no ano 2001 en Ferrol, Galicia, da man de Victor M. Sixto Sanjosé e da de Pablo López Pérez, cun cadro de persoal formado por tres persoas. No 2002, Yago Ricoy Martínez únese á empresa en calidade de socio. Actualmente o consello de administración esta formado por estes tres socios e a empresa conta cun equipo multidisciplinar formado por máis de 70 persoas.
No ano 2004 nace Proxectos Ensino S.L. como un instrumento para continuar medrando na especialización en proxectos de formación e asesoramento. A constitución de Proxectos Ensino S.L. deulle un pulo importante ao conxunto da organización axudando de forma directa aos clientes mediante a aplicación de técnicas e metodoloxías propias de proxectos de ensino, así como para acadar unha verdadeira especialización dos equipos técnicos encargados da execución dos mesmos.
Continuando coa nosa estratexia de expansión, no ano 2008 constitúese Analiza Técnicas de Investigación social S.L, filial do grupo Proxectos con sede social en Madrid. O obxecto desta empresa é a realización de todo tipo de estudos mediante a aplicación de técnicas de investigación social tanto cualitativas como cuantitativas. Analiza ademais facilita a prestación de servizos de consultaría e formación fora de Galicia ao contar cun equipo técnico e humano propio na Comunidade Autónoma de Madrid.
Durante os sete últimos anos Proxectos constatou unha liña crecente na súa actividade, avalada polo aumento nas cifras de emprego, nivel de investimento, de autofinanciamento e facturación anual, unha mostra do bo grao de acollida dos servizos ofrecidos desde o noso Grupo.
Taboa: Evolución da Facturación de Proxectos

Taboa: Evolución do emprego en Proxectos

Proxectos ten as súas oficinas en Ferrol, Santiago de Compostela, A Coruña, Madrid, Burgos e México D.F. Por outra banda vai acadando unha presenza cada vez maior noutras comunidades autónomas de España. Dentro do seu plan de internacionalización contempla a apertura de novas sedes coa finalidade de proporcionar un servizo máis próximo aos seus clientes.
O Grupo Proxectos está organizado en grandes áreas de actividade:
O Grupo Proxectos ten unha visión proactiva da consultaría, presentándose diante dos/as clientes con propostas propias, que son adaptadas e modificadas en función das súas necesidades.
Proporcionar ás administracións públicas, institucións e empresas un apoio que aporte valor engadido real para que melloren a eficacia e eficiencia das súas intervencións; logrando así acadar os seus obxectivos ao tempo que se axuda ao desenvolvemento de niveis de benestar sostibles na sociedade.
Estar situada, no prazo de tres anos, como a consultora socioeconómica integral mellor considerada do panorama galego, tendo consolidada a nosa presenza tanto no mercado español como no internacional, e logrando un nivel de facturación tal que nos permita manter unha estrutura de persoal satisfeita e fidelizada.
Desenvolver a nosa actividade profesional naqueles eidos que consideramos máis interesantes, permitíndonos crecer humana e profesionalmente ao tempo que logramos melloras na calidade de vida e condicións laborais.



