Programa de apoio xerencial
antecedentes
O sector cultural e especificamente o sector das Artes Escénicas en España, permaneceu tradicionalmente alleo ao enfoque empresarial. Isto debeuse, probablemente a unha errónea concepción da cultura que consideraba incompatibles este tipo de actividades con formulacións empresariais e de xestión.
Se nos centramos no grao de desenvolvemento no que se atopa o sector en Galicia, atopamos compañías de Artes Escénicas e Musicais con estruturas pouco desenvolvidas, nas que en moitos casos son os propios artistas os que realizan as labores comerciais e técnicas da compañía.
Descrición
Apoio e asesoramento nas diferentes áreas funcionais da xestión empresarial que son comúns a calquera tipo de empresa.
Obxectivos
- Mellorar os aspectos administrativos e de xestión empresarial das empresas.
- Buscar e implantar solucións aos posibles problemas das empresas no desenvolvemento do seu negocio
Fases
- Presentación do proxecto.
- Diagnose de situación.
- Proposta de actuación.
- Titorización para a posta en marcha do plan de actuación establecido con anterioridade.
Metodoloxía
Trabállase individualmente con cada unha das empresas a través de 8 reunións realizadas periodicamente.
Produtos xerados
- Diagnose de situación
- Estudo de mercado.
- Deseño estruturas organizativas, organigramas e fichas de postos.
- Ferramentas para orzar e ferramentas para a análise económica – financeira.
- Plano estratéxico.



