Antecedentes
Con motivo do peche no ano 2007 da fábrica de Henkel-La Toja situada en Culleredo, xurde desde o Concello o interese na realización dun estudo que permita coñecer as posibilidades de recolocación do colectivo de extraballadores/as. Deste xeito, a finais de 2007 ponse en marcha un proxecto coa finalidade de coñecer a realidade do mercado laboral do concello e as posibilidades de absorción das empresas da zona.
Obxectivos
- Analizar as posibilidades de colocación da poboación do concello, en xeral, e dos ex traballadores/as da fábrica de La Toja, en particular.
- Coñecer a realidade do mercado de traballo no concello.
- Analizar as oportunidades de emprego, manifestas ou latentes, existentes en Culleredo.
Metodoloxía
Con tal fin, deséñase unha enquisa enquisa telefónica á totalidade das empresas situadas nos polígonos industriais do concello. Dun universo de 154 empresas finalizáronse con éxito un total de 111 entrevistas. É dicir, acadouse unha taxa de resposta do 85%, o que da unha idea da boa colaboración por parte do empresariado da zona que caracterizou a execución do traballo de campo.
Medios
O estudo é presentado publicamente en rolda de prensa o 8 de xullo de 2008 polo alcalde do Concello e técnicos de Proxectos, aparecendo ao día seguinte na prensa local.
- La Voz de Galicia, 9 de xullo de 2008: “Sacristán dice que el 75% de las empresas de Culleredo ficharían a los ex trabajadores de La Toja”.
- El Ideal Gallego, 9 de xullo de 2008: “Sacristán cree garantizada la reinserción laboral del 100% del personal de La Toja”.
- La Opinión, 9 de xullo de 2008: “Sacristán confía en la recolocación total de los trabajadores de La Toja”.
- Radio Coruña, 9 de xullo de 2008: “La Toja. Recolocación total”.



