Acceso Privado

Usuario
Clave  


Servizo Asesoramento Emprendedores Obra Social CaixaGalicia

Presentación

Obra Social Caixa Galicia ten entre os seus obxectivos estratéxicos fomentar a cohesión social a través da colaboración con entidades e a realización de proxectos que fomenten a igualdade de oportunidades, poñendo a disposición dos axentes sociais novas ferramentas de apoio á inserción socioeconómica cunha alta sostenibilidade financeira e capacidade de reutilización dos recursos sociais.

No ano 2.006, Obra Social puxo en marcha un Servizo de Asesoramento Empresarial propio (en adiante SAE), coa finalidade de apoiar ás entidades sociais colaboradoras (ESAM) con maiores dificultades para asesorar e acompañar de forma individualizada a cada usuario ata a elaboración do seu plano de empresa e presentación de solicitude de microcrédito.

Ademais, este servizo busca dar cobertura a emprendedores que residen en localidades onde no hai entidades colaboradoras. Unha vez que unha entidade deriva a unha persoa interesada ou que esta ponse en contacto directamente co SAE, iniciase un procedemento no que tras unha entrevista telefónica e o envío dun cuestionario, concertase un plan de traballo e entrevistas de asesoramento.

Facilitar o acceso e a implementación dunha ferramenta de apoio á inserción socioeconómica, dirixida a persoas con dificultades de acceso ao financiamento polas vías ordinarias do sistema bancario e con algún factor de vulnerabilidade asociado. O destino do financiamento é sempre a posta en marcha ou consolidación dun negocio, co que poidan crear o seu propio posto de traballo, dar resposta a unha situación de desemprego ou ben mellorar a súa situación económica e laboral.

Obxectivos

  • Informar as persoas e entidades interesadas.
  • Dirixir esta ferramenta cara as persoas que encaixan na súa filosofía.
  • Axudar aos beneficiarios/as na elaboración dun Plano de Empresa .
  • Analizar a viabilidade comercial e financeira dos proxectos.

O SAE ofrécese a persoas cun proxecto para crear ou consolidar unha pequena empresa e que reúnen os requisitos de acceso á liña de microcréditos.

Actividades

  • Disposición dun servizo de asistencia telefónica gratuíto no 900 701 086 para informar e resolver dúbidas.
  • Valoración inicial da idea empresarial para determinar se reúnen as condicións de viabilidade.
  • Entrevistas persoais as persoas interesadas.
  • Titorías de asesoramento para axudar na elaboración do Plan de Empresa. O contido das titorías adaptarase ás necesidades de cada proxecto.
  • Presentación de solicitude de microcrédito.
  • Participación como mediadores na entrevista entre o solicitante e os analistas.

Resultados

Os datos do servizo realizado dende o comezo deste proxecto, primaveira 2.006, son os seguintes:

  • Atendéronse 668 chamadas pedindo información.
  • Realizáronse entrevistas a 141 emprendedores.
  • Impartíronse 233 horas de asesoramento individualizado.
  • Tiveron lugar 5 cursos de Creación de Empresas.