Acceso Privado

Usuario
Clave  


Orientación cooperativa

Presentación

Dentro dunha liña estratéxica da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia para a divulgación do cooperativismo como alternativa de autoemprego e promoción do desenvolvemento local da Consellería de Traballo xorde este proxecto de Orientación Cooperativa.

O nacemento e crecemento das cooperativas, sobre todo de traballo asociado, xerou unha demanda ante os servizos de Orientación e Autoemprego de información-formación enfocada cara as seguintes cuestións:

  • Conveniencia de contratación de persoal
  • Tipos de contratación
  • Subvencións á contratación
  • Selección de persoal
  • Motivación ante o emprego
  • Habilidades e actitudes dos traballadores

A creación dunha rede de axentes cooperativos ( orientadores), implicados no territorio, foi o punto de partida para un proceso de desenvolvemento integrado do movemento cooperativo, a través da realización de plans de cooperación en diversos eidos: promoción de actividades conxuntas en produción, distribución e comercialización, tecnoloxía e innovación, investimentos, servizos, financiamento, xestión, ou calquera outra que posibilite novos ámbitos de actividade que fortalezan a posición competitiva mediante a mellora da dimensión empresarial.

Contar con mecanismos de acompañamento para o lanzamento de novas actividades e/ou a diversificación de produtos ou servizos e sempre unha alternativa a contemplar dende unha perspectiva de formación dos axentes a nivel global ou local.

O estimulo entre os orientadores locais do seu papel como elemento divulgador e formador de base é unha consecuencia precisa para a súa implicación no desenvolvemento local. A rede de orientadores cooperativos, xunto co Consello Galego de Cooperativas deben ser quen de impulsar e dar pulo a formula empresarial cooperativa en cada zona concreta e na totalidade de Galiza.

Resultados

Os resultados do proxecto, na procura de favorecer o emprendemento cooperativo como alternativa de ocupación e mellora laboral, foron os seguintes:

  • Manuais “Cooperativismo e Autoemprego”
  • Documentación de apoio a labor orientadora:
  • Material Divulgativo Adicional:
  • Xornada divulgativa de un día de duración para 400 persoas,
  • Catro xornadas formativas para a implantación, para 50 persoas cada unha, en Coruña, Vigo, Lugo e Ourense.
  • Asesoramento Permanente para o Autoemprego.
  • Documentación en soporte Informático.
  • Documentación en formato folleto.
  • Reunións comarcais entre equipo técnico Proxectos e os orientadores locais.
  • Fichas Plan de empresa cooperativa.