Presentación
CONVIVE + foi un proxecto do programa da Iniciativa Comunitaria EQUAL da Unión Europea que tiña como obxectivo de deseñar novos métodos de promoción da igualdade de oportunidades no mercado de traballo, facendo especial fincapé no fomento a creación de empresas de economía social entre as persoas emigrantes retornadas e inmigrantes que residen nas provincias da Coruña e Pontevedra. No proxecto participaron 15 entidades públicas e privadas coordinadas pola Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia.
O proxecto Convive+ constou de 7 liñas de actuación diferenciadas que se subdividían á súa vez en apartados específicos de actuación. O Grupo Proxectos traballou principalmente a organización e execución da liña de Itinerarios integrais para a creación de empresas, ademais de accións nas liñas 1,5 e 6.
O itinerario brindaba ao/a migrante a posibilidade de facer realidade o seu proxecto empresarial mediante a formación, o desenvolvemento e perfeccionamento do seu plano de empresa e, se era o caso, a solicitude dun microcrédito, co asesoramento de profesionais na materia, da implementación real a través de diversos mecanismos e da garantía que ofrecía Convive+ de prestar apoio ao/á emprendedor/a, especialmente nas fórmulas de Economía Social, ata a consolidación da súa empresa.
En total desenvolvéronse 10 itinerarios en distintas comarcas das provincias de Pontevedra e A Coruña que estruturábanse en dúas fases:
- 1ª Parte dedicada a formación dos participantes tanto en xestión empresarial como en materias transversais. Duración de 120 Horas (30 días lectivos).
- 2ª Parte dedicada ao asesoramento na elaboración do plano de empresa como ferramenta de plasmación e reflexión da idea empresarial. Duración de 11 horas individuais por proxecto.
Resultados
Este foi un proxecto con varias entidades contratantes e desenvolto por diferentes areas da empresa. A continuación exponse o realizado de maneira conxunta pola área de emprendedores.
- Impartíronse 6 seminarios na provincia de A Coruña e 2 na de Pontevedra (4 foron realizados por outra empresa).
- Realizáronse mais de 1.300 horas de asesoramento individualizado.
- Participaron nas diferentes actividades un total de 227 persoas procedentes de 28 países distintos, dos cales o 55% eran mulleres.
- Constituíronse un total de 28 negocios baixo diferentes forma xurídica. Ademais do emprego dos emprendedores/as creáronse 30 posto de traballo a maiores.
- O 83,3% dos participantes fan unha valoración boa ou moi boa do programa.




Anterior