Acceso Privado

Usuario
Clave  


Seminario “Como elaborar ofertas internacionais”

Descrición

Durante o seminario “Como elaborar ofertas internacionais”, preséntanse ás empresas exportadoras todos aqueles factores que debe tratar nunha oferta internacional e a importancia de cada un deles á hora de lograr a aceptación da mesma polo cliente. Ademais, dótase ás empresas dunha aplicación informática que lles permite fixar o prezo tendo en conta todas as variables implicadas no seu cálculo como os Incoterms, tipo de transporte...

Este seminario trata de agrupar estas dúas cuestións, a elaboración da oferta e a fixación do prezo, axuntándose ademais unha parte de documentación e explicación acerca da cumprimentación dos distintos documentos que interveñen nas operacións internacionais, coa finalidade de facilitar a tarefa de exportación ás PEMES.