Antecedentes
O Plan de Excelencia Comercial do Concello de Santiago xurde da Guía de Implantación e Mellora Comercial que Proxectos Consultoría e Formación SL elaborou para o Concello de Santiago de Compostela durante o ano 2006. A Guía de Implantación e Mellora Comercial proporcionou unha diagnose pormenorizada do sector comercial Compostela, ademais de recomendar unha serie de liñas de acción estratéxicas.
Unha das accións que se recomendaron na Guía de Implantación e Mellora Comercial foi a creación dunha oficina de Servizos Integrais de Asesoramento ao Comercio (SIAC), que a través de labores de consultoría e asistencia técnica prestase apoio ao conxunto do sector comercial do Concello de Santiago de Compostela.
Descrición
O Plan de excelencia comercial desenvolveuse a través da creación dunha oficina que preste Servizos Integrais de Asesoramento ao Comercio (SIAC). A oficina do SIAC dotouse dos recursos materiais e humanos necesarios que lle permiten desenvolver axeitadamente as súas funcións. A oficina do SIAC naceu co obxectivo de coordinar todas as accións desenvoltas polos diferentes axentes que están a actuar sobre o sector comercial (Asociacións de comerciantes, Cámara de Comercio, Concello de Santiago, Xunta de Galicia, entre outros).
O Plan de Excelencia do Comercio Compostelá articulouse mediante o deseño e implantación de diversos plans que foron coordinados dende SIAC.
- Plan de formación e capacitación.
- Plan de creación de novas iniciativas comerciais.
- Plan de promoción e dinamización.
- Plan de asesoramento asociativo.
Obxectivos
Obxectivos xerais:
- Coordinar e garantir a posta en marcha dos distintos plans de acción e as medidas definidas para o desenvolvemento do Plan de Excelencia Comercial do Concello de Santiago.
- Garantir a funcionalidade do Servizo Integral de Asesoramento ao Comercio.




Anterior