Antecedentes
O comercio tradicional enfróntase nos últimos anos a un profundo proceso de cambio, caracterizado pola aparición de novas fórmulas de distribución e por unha evolución constante do/da consumidor/a. As dificultades que estes cambios supoñen tradúcense na perda sistemática de clientes e no consecuente peche de numerosos establecementos. Entre os factores que levaron a esta situación podemos destacar.
- Desprazamento da poboación cara á periferia das núcleos urbanos.
- Os cambios urbanísticos non favorecen a elección da compra tradicional como posibilidade de ocio.
- Novos hábitos de compra e consumo. Na sociedade actual trátase de optimizar o tempo adicado á compra de bens de consumo diario.
- Cambios demográficos. Envellecemento da poboación e diminución no número de membros da unidade familiar.
- Cambios no perfil da clientela. Na sociedade da información, da publicidade, da diversidade, as expectativas do/da consumidor/a xa non son os de hai uns anos. Actualmente nos atopamos fronte a un público máis informado, máis esixente, máis heteroxéneo, con máis posibilidades de elección e con menos tempo que adicar á compra.
- Implantación crecente de novas fórmulas de distribución comercial, caracterizadas polo uso do aoutoservicio e por un maior tamaño e diversidade, que se adaptan mellor que o comercio tradicional ás novas necesidades do/da consumidor/a.
Fronte a estas condicións do entorno nos atompamos cunha serie de características do pequeno comercio que dificultan a adaptación e a competitividade necesarias para afrontar estes cambios:
- Falta de especialización.
- Falta de formación.
- Atomización.
- Falta de innovación.
Ante esta situación, dende Proxectos Consultoría e Formación diseñouse a Guía de Implantación e Mellora Comercial, co fin de dinamizar o sector comercial e axudalo a superar con éxito as dificultades ás que se ve sometido.
Descrición
A Guía de Implantación e Mellora Comercial consiste nunha diagnose sobre a situación do sector comercial e a hostalería e un programa informático interactivo para a posta en marcha de novos negocios e a mellora dos xa existentes, co obxectivo principal de promocionar e dinamizar o sector comercial.
Para a elaboración de ambos produtos utilízase información que provén de comerciantes, de clientes e de bases de datos de diverso tipo.
A aplicación informática, partindo da información achegada polo/a emprendedor/a ou comerciante, e da información ofrecida polo estudo previo , defínese de xeito automático con detalle un plano de empresa no caso dos novos comercios, e un plano de mellora no caso dos xa existentes.
A información de partida contida na guía está formada por:
- Censo de empresas comerciais e hostaleiras da Cámara de Comercio
- Censo de poboación do Concello
- Enquisas realizadas a comerciantes
- Enquisas realizadas a clientes
- Compendio de lexislación aplicable
Obxectivos
- Actualizar e mellorar a información existente sobre o sector comercial.
- Deseñar e avaliar medidas de acción a adoptar polo concello e outras institucións obtidas a través das recomendacións recollidas no estudo.
- Aportar de información sobre a clientela comercial efectiva e potencial do Concello.
- Elaborar unha Guía de Implantación e Mellora comercial, que recolla tanto a diagnose do comercio en aspectos de calidade integral como unha metodoloxía de mellora destes aspectos que se podan difundir e implantar posteriormente no sector.
- Definir políticas de mellora para os entes locais.
- Deseñar unha ferramenta informática interactiva para a posta en marcha de novos establecementos comerciais e mellora dos existentes no concello.




Anterior