Antecedentes
O traballo realizado por Proxectos, consultaria e formación SL, entorno ao asesoramento e formación para a implantación de bancos de tempo comeza no ano 2006 a través da execución dunha das accións previstas no Equal ARCO ( Acción para o reforzamento da conciliación) do SGI, consistente na elaboración dunha análise do estado actual das comunidades do medio rural e a posibilidade de establecer formas de organización para a prestación de servizos, innovando formas de funcionamento, e tendo en conta a complementariedade con asociación veciñais. O resultado desta primeira fase foi a elaboración dun Estudo sobre Organización Comunitaria no Espazo Rural que se elaborou entre os meses de abril e setembro do ano 2006 para o SGI, dispoñible na seguinte dirección:http://sgi.xunta.es/document/estudo_org_com_rural.pdf
Trala realización do estudo Proxectos, consultaría e formación SL comeza o asesoramento para a realizacion da segunda fase do proxecto denominada Xestión cooperativa do tempo compartido, consiste na posta en marcha dun sistema de Banco do tempo nos territorios identificados na fase anterior, Allariz e Foz.
Descrición
Qué é un banco de tempo?
- O banco do tempo é unha iniciativa que consiste en intercambiar servizos entre as persoas fomentando a solidariedade e a amizade no territorio no que se implanta
- É un banco que funciona sen diñeiro, a unidade de intercambio son as horas, independentemente do tipo de servizo que se intercambie, todo os servizos valen o tempo que se tarda en facelos
- As persoas participantes ofertan parte do seu tempo para a realización de determinadas tarefas ou servizos a outras persas
- A cambio dispoñen dun tempo equivalente en forma de servizos doutras persoas asociadas
- A oferta e a demanda son multiletarais, non bilaterais
O proxecto de implantación dun banco de tempo consiste no asesoramento, difusión e formación necesaria para que as persoas que lideran a posta en marcha do banco do tempo teñan os coñecementos necesarios para atender a súa xestión e coordinación así como para a sustentabilidade do mesmo, a longo prazo
Obxectivos
Obxectivos operativos:
- Aportar información e intrumentos para a posta en marcha dun banco de tempo.
Obxectivos xerais:
- Definir o modelo de xestión máis apropiado para a posta en marcha do banco do tempo.
- Identificar as entidades susceptibles de liderar o proceso.
- Formar ao persoal identificado na xestión e coordinación do banco do tempo.
- Informar sobre as ferramentas existentes para a xestión da secretaría do banco do tempo.
- Crear os instrumentos operativos necesarios para o funcionamento do banco do tempo.
- Difundir entre a poboación a fórmula do banco do tempo.




