Acceso Privado

Usuario
Clave  


Asociacións

 

O Grupo Proxectos, no seu proceso de expansión e cun obxectivo fundamental de aproveitar as sinerxías vinculadas ao asociacionismo está presente en diversas Asociacións e Confederacións. Cada unha destas asociacións e confederacións ten uns obxectivos específicos pero que se atopan sempre acordes coa nosa Misión, e Filosofía de empresa.


Actualmente participamos ou somos socios nas seguintes entidades:

Asociacións


Esta Asociación esta formada por profesionais de recoñecida e contrastada experiencia que buscan fortalecer o posicionamento e o prestixio do sector en Galicia. Hoxe representan unha significativa cota do mercado dando emprego directo e indirecto a máis de 3.000 persoas e facturando máis de 100 millóns de euros ao ano.


Os principais obxectivos desta Asociación son:


  • Interceder cunha soa voz ante empresas e institucións a nivel autonómico, estatal e internacional en favor dos seus asociados para a defensa dos seus intereses e para que participen en tódalas iniciativas onde sexan requiridas as súas habilidades e capacidades técnicas.
  • Fortalecer as capacidades dos asociados para que estean á vangarda a nivel mundial en coñecementos, técnicas, tecnoloxía, etc.
  • Crear espazos que sirvan de punto de encontro en busca de sinerxías que permitan coñecer proxectos de grande envergadura.
  • Promover a profesionalidade, a ética e a calidade na práctica da consultaría e establecendo criterios sectoriais xunto ás administracións e os distintos axentes sociais.


A Asociación de Comunicación Política comezou a súa andadura no 2005 co obxectivo de constituír un foro de intercambio de coñecementos, opinións e experiencias sobre a investigación e a práctica da comunicación política. Entre os seus socios atópanse investigadores e docentes de España, América Latina e Europa, que levan a cabo iniciativas de grande interese tanto na investigación básica como na aplicada. Reúne tamén profesionais da comunicación política que a exercen dende partidos políticos, Administracións públicas e consultaría privada.


ACOP organiza cursos, seminarios e conferencias e realiza distintas publicacións e estudos de comunicación política nos seus eidos territoriais de actuación.



A Asociación de Empresarios de Ferrolterra constituíuse no ano 1993 coma un intento de agrupar a tódalas empresas da Comarca. O traballo desta asociación dende ese momentoten dúas intencións fundamentais: as necesidades do empresariado e o desenvolvemento da Comarca.

 

Esta Asociación está formada por preto de cincocentas empresas, que se benefician dos servizos que con carácter xeral ou específico se proporcionan aos afiliados, en concreto: Asesoramentos de diversa natureza, programas de formación, mediación social, etc.


Dentro da AEF están representados practicamente tódolos sectores que operan no seu eido de actuación, dende avogados, construtoras ou axencias de publicidade ata establecementos comerciais, consultaría, siderurxias ou empresas de automoción.


Hai que subliñar que esta Asociación atopase representada en organismos da importancia da Confederación de Empresarios de La Coruña, a Federación Galega de Parques Empresariais ou o Instituto Galego de Promoción Económica, así como nas Comisións da Cámara de Comercio e no Consello Municipal de Urbanismo de Concello de Ferrol.


CEFEOR é unha organización empresarial sen ánimo de lucro, constituída para a coordinación , representación, xestión, fomento e defensa dos intereses empresariais, xerais e comúns. A confederación ten un eido territorial coincidente co da demarcación da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol.

CEFEOR atópase integrado por Asociacións de carácter sectorial ou comarcal e no seu seno acolle a case tres milempresas de tódolos sectores produtivos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. A súa vez, atópase integrada na Confederación de Empresarios de La Coruña, na Confederación de Empresarios de Galicia, na Confederación Española de Organizaciones Empresariales e na Confederación Española de Pequeñas y Medianas Empresas.

O obxectivo que marca as actuacións de CEFEOR é o fomento e a defensa do sistema de iniciativa privada e libre economía de mercado como medio para propiciar o desenvolvemento económico e lograr unha situación social cada vez máis xusta. Así mesmo, a CEFEOR promove e defende a unidade e a integración empresarial como ferramentas para conseguir unha alta representatividade e converterse deste xeito no interlocutor social máis cualificado a realidade empresarial destas comarcas.


A Consellaría de Innovación e Industria, a través do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación (INCITE), está a por en marcha o Rexistro de Axentes Privados de Innovación do cal Proxectos é solicitante. Este Rexistro integrará unha rede de empresas especializadas en xestión da innovación capaces de levar a cabo o asesoramento e a implantación de proxectos empresariais innovadores.


A función destes Axentes Privados de Innovación será de seguimento e de asesoramento ás empresas usuarias. O seu traballo consistirá no deseño e no desenvolvemento de proxectos aptos para optar aos programas de axudas en materia de innovación autonómicos, estatais e internacionais


As políticas de cooperación ao desenvolvemento humano orientadas a unha real superación da pobreza precisan de iniciativas universais de promoción da solidariedade. Á cooperación internacional propia dos distintos gobernos nacionais únese tamén a vontade de cooperación que xorde de forma descentralizada nas comunidades autónomas e noutras administracións territoriais, así como en institucións ou axentes sociais e económicos diversos que senten como un deber ético común o compromiso de traballar pola consecución dos obxectivos de desenvolvemento do milenio.


Coa aprobación polo Parlamento de Galicia da Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento, a Comunidade Autónoma de Galicia reafirma este compromiso e asume como propia a responsabilidade de cooperar con outros países para propiciar o seu desenvolvemento integral, contribuír á mellora das condicións de vida dos seus habitantes e aliviar e corrixir as situacións de pobreza e propiciar un desenvolvemento humano solidario e estable, que inclúa maiores cotas de liberdade e unha repartición máis xusta dos froitos do crecemento económico.


O artigo 23 desta lei considera axentes da cooperación as organizacións non-gobernamentais para o desenvolvemento así como as universidades, os sindicatos, as empresas e organizacións empresariais e as comunidades galegas no exterior. Neste senso cabe subliñar que Proxectos atópase inscrito na categoría de outros axentes como tal no Rexistro de Axentes de Cooperación da Dirección xeral de Cooperación Exterior.