Acceso Privado

Usuario
Clave  


Lidia Iglesias Corral

A miña formación académica, Diplomada en Turismo (UDC) e Master en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas (USC) abriume as portas do mercado laboral. Os meus primeiros pasos profesionais foron no sector hoteleiro, onde traballei inicialmente como recepcionista nun hotel de 5* para, posteriormente, pasar a coordinar o departamento de recepción dun establecemento de 4*. Tras varios anos no sector chegan os cambios, e comezo a traballar nunha axencia de viaxes, coñecendo así o sector da intermediación. No 2006 xorde unha nova oportunidade profesional, e entro a formar parte do Grupo Proxectos, como consultora na Área de Turismo. Realización de planes de mellora turística, creación de produtos turísticos, diagnoses de situación... Novos proxectos e novos retos e ilusións, sempre unida ao Turismo e sempre con ganas de mellorar e aprender. Actualmente compaxino o mundo laboral co académico, cursando o segundo ciclo da licenciatura de Publicidade e Relacións Públicas.