Acceso Privado

Usuario
Clave  


Mónica Otero Matey

Ola chámome Mónica, e dende ben pequena souben que o meu futuro era estar rodeada de ordenadores, así que en canto rematei o colexio funme a F.P. a facer Informática de Xestión e finalmente matriculeime na Facultade da Coruña cursando a mesma especialidade.

Como tamén me gusta o ensino (a pesar de que non me vexo como mestra) o último ano de carreira fixen o CAP e aquí bríndanme de cando en vez a oportunidade de ir dar algún curso, e así me desquito desa parte frustrada.

A miña experiencia laboral antes de proxectos a verdade é que é moi escasa, xa que dez días logo de terminar xa estaba traballando aquí, pero bo fixen prácticas en Imenosa e Altia.