Acceso Privado

Usuario
Clave  


Arancha Ulloa Prat

O meu nome é María Aránzazu, ainda que sempre respondín á chamada de Arancha. Dende pequena son dona dun sorriso co que recibo a todo o mundo, e do que son incapaz de desfacerme. Despois de rematar FP2, dixéronme que era Administrativa. Así que me puxen a buscar un traballo axeitado aos meus coñecementos. Traballei de dependenta nunha Herboristería, camareira por pouco tempo, e administrativo durante cinco anos nunha clínica oftalmolóxica. Logo chegou Proxectos. Aquí aprendín que non é importante a tarefa que realices, se non como a realices. Que a relación entre xefes e empregados, pode ser honesta e agradable. Pero sobretodo atopei un lugar cheo de xente amable, con proxectos interesantes e onde desenvolver as miñas facultades pleamente.