Acceso Privado

Usuario
Clave  


José Manuel Grandal Campos

Licenciado en Pedagoxía, Diplomado en Relacións Laborais e Master e Orientación Laboral.

A súa actividade profesional comeza no ano 1987, moi vinculado a Administración Pública ( Concello de Narón, Moeche, Ares), no primeiro caso como Pedagogo e nos outros como Titor da Escola Obradoiro. Coincidindo con esta etapa desenvolve tamén labouras de educador de adultos( graduado escolar) . Durante case dez anos pertence ao catalogo de Expertos da Consellería de traballo, muller e xuventude, dentro da especialidade de "Formador de Formadores" impartindo diversas accións formativas.

Entre 1996 e 2003, Fondo Formación é o seu centro de traballo, desenvolvendo proxectos europeos (Leader, NOW, Proder. Adapt), labores de orientación e xestión da formación ocupacional.

No 2004 incorpórase a Proxectos, primeiro como xefe do equipo de actualización das guías de actividade empresarial e logo como xefe de equipo da área de emprendedores planificando, elaborando traballos relacionados coa creación de empresa, a orientación laboral, o cooperativismo, o desenvolvemento local.....