Acceso Privado

Usuario
Clave  


Ana María Piñeiro Martínez

Ana María Piñeiro Martínez, licenciada en CC Biolóxicas con especialidade en Bioquímica Biología Molecular pola Universidade Autónoma de Madrid, Master en Xestión Medioambiental na Empresa e Técnico Superior de Riscos Laborais. Inicia a súa traxectoria profesional no ano 1992 no Servicio de Medio Ambiente Natural da Xunta de Galicia en programas de espazos naturais protexidos, educación e interpretación ambiental. Dende o ano 1996, en Fondo Formación, ata a actualidade realiza a súa actividade profesional con diferentes institucións, na dirección de proxectos europeos e desenvolvemento, especialmente relacionados co sector pesqueiro e a promoción local. Forma parte do equipo de Proxectos dende o ano 2007, como xefa de equipo da área de desenvolvemento socioeconómico.