Acceso Privado

Usuario
Clave  


Nadia Álvarez Fernández

Son licenciada en economía pola Universidade de Santiago de Compostela.
Xusto ao rematar a carreira atopei un emprego precioso como técnica de emprego nunha asociación sen ánimo de lucro: "asociación Plataforma Polo Emprego" que se adica á inserción socio-laboral de colectivos de difícil inserción facendo un pouco de todo; sobre todo, asesorando a persoas con iniciativas de autoemprego e na xestión de dúas empresas de inserción.
De aí viñen a Proxectos a outro proxecto realmente bonito: a creación da Rede de Comercio Rural Galego onde sigo con moitas ganas traballando con tendas-bares do rural. Agora comezando a colaborar moi ilusionada na área de cooperación.