Imaxen mosaico
Ola, como poderedes comprobar ultimamente estame dando polos programas de tratamento de imaxes, neste caso os presento un programa que nos convirte unha imaxe en un mosaico de outras.
Neste caso non nos imos centrar no sistema operativo de windows, xa que existe versión do mesmo para mac, linux e windows. O poderedes descargar aqui, e coma sempre tratase dun programa gratuito.
Mostrovos o sinxelo que é:
1º Escollemos a imaxe que queremos convertir en mosaico e lle indicamos algúns parametros básicos, o número de azulexos, o tamaño de saida, onde queremos que a garde, por defecto farano na carpeta da imaxe orixinal, etc.

2º Escollemos as imaxes que queremos coma azulexos, pulsamos en “Elegir azulejos”.
3º Indicamos que cartafol de imaxes imos empregar coma azulexos e xeneramos a nosa lista de azulexos.

agora xa temos a nosa lista de azulexos, damoslle a “Aceptar”

4º Pulsamos en “Crear Mosaico” e esperamos un momentiño ata que se xenere.
E aquí o resultado:

vista máis de cerca

Que guapo é super sinxelo xa fixen o meu primeiro mosaico de proba. Mmmmm farei un cadro enorme para a miña casa…
Necesitamos un ploter para imprimir cousas grandes, non?
Moi chulo, moitas grazas pola recomendación!!! eu tamén vou probar a ver como me queda… xa vos contarei!!!