Posted by oscar on Xuñ 15, 2009 in
Programas
Ola a todos…
Sei que fai moitos día que non publicamos novas, pero espero que os lectores do blog, (si, lectores!!!!!!!!, temos coñecemento de que, a lo menos tres persoas o miraron, e non pensedes mal son tres persoas sen contarnos Mónica nin eu
) non se enfaden pola espera.
Pois Ben, no afán de buscar solucións para os problemas que nos atopamos no traballo diario, hoxe vos quero falar dunha aplicación gratuíta que serve para ler PDF, “vaia parvada” pensaredes, e sería certo o da parvada se a aplicación en cuestión, quedarase soamente na “lectura” de PDF, pero non é así, este programa, ademais de permitir ler pdf (que xa o permite de maneira gratuíta Acrobar Reader), permite facer certos cambios sobre eles (isto xa parece mais interesante, non?).
O programiña en cuestión chamase “Foxit Reader”, e a paxina da empresa que o fai é www.foxitsoftware.com, nela poderedes descargar a aplicación de maneira gratuíta, (para facilitarvos, esta é a paxina de descargas); nunha primeira instalación está en Inglés (coma de costume), pero unha vez instalado podedes descargar o idioma castelán (o galego inda non está dispoñible, o lamento).

Algunhas das cousas que nos permite facer son. Engadir notas de aviso tipo post-it, subliñar o texto, tachar texto para indicar que o queremos substituír por outro e escribir ese outro texto nunha nota, aplicar marcador de cores para resaltar o texto que nos interese, engadir texto sobre o documento en calquera posición…, vamos que poderemos case traballar co PDF como se estivésemos cun documento impreso, claro está que non nos permitirá modificar o texto que xa está escrito para cambialo por outro, pero ben, para ser gratuíto xa vai facendo cousas, e penso que soluciona moitas das funcións que algunhas compañeiras da empresa buscabades.
Un detalle a comentar, é que a empresa ten unha versión “Pro”, que permite facer mais cousas e os moi cucos inclúen as ferramentas na versión gratuíta, pero cando as intentas usar, avísate de que só están dispoñibles na versión de pago, pero ben, eu penso que as que inclúe son moi interesantes.
Se precisásemos modificar o contido do PDF, a mesma empresa ten o Foxit Editor, do cal podemos tamén descargar unha versión de mostra, que permite modificar PDF pero engade unha marca nos arquivos, ou podemos mercar a versión completa para evitar as marcas.
Pois xa está por esta vez, espero que alguén chegue a probar a aplicación e lle pareza tan interesante coma a min.
Saúdos e a darlle uso ó programa…
Oscar
Tags: Editar, PDF
Posted by oscar on Mai 7, 2009 in
Programas
Ola
Vai sendo hora de comezar con algún tema, que o de presentarse é necesario por educación, pero aquí estamos para publicar cousas que podan ser de interese.
O outro día escoitei que alguén protestaba porque o tamaño dun arquivo era moi grande, e iso era un problema para envialo por email ou simplemente para usalo no ordenador, porque cargaba moi lento; pois ben, unha das causas de que os arquivos, por exemplo de Word, crezan de tamaño de maneira exponencial, é o de engadir imaxes ó noso documento.
Agora as cámaras de fotos crean imaxes de moitos megapixels e por conseguinte, dun tamaño de mais de 1 MB (cando non mais de 2 o 3), se nos engadimos a imaxe tal como é ó noso documento, lle estamos a sumar ese tamaño, inda que despois de pegala no documento, a poñamos “máis pequena” o que facemos é cambiar a forma de mostrala, pero non o tamaño que ocupa.
Unha solución para isto é a de reducir o tamaño das imaxes antes de pegalas no noso documento, e para facer isto dunha forma rápida, sinxela e con moitas imaxes o tempo, está o programa Squash.
A páxina dos autores é www.sebruiz.net e a páxina do proxecto en google code está aquí.
O programa é moi sinxelo de manexar, simplemente engadimos as imaxes, escollemos a carpeta de destino, escollemos a porcentaxe de redución (ollo de acordarvos de marcar o “lock aspect ratio” para que non se deformen) e darlle a “Resize Images”. Podedes ver a pantalla do programa na imaxe.

Squash 3.0
Outros datos interesantes son que o programa é Gratuíto, non é necesario instalalo e ademais existen versións para Windows linux e Mac, así que non tendes escusa para non usalo ;).
Creo recordar que en Proxectos xa vos falei de este programa, pero non está de máis recordar, no?
Pois creo que con isto esta ben para empezar, seguiremos buscando cousas que podan ser interesantes.
Un saúdo dende o departamento de informática.
Oscar.
Tags: imaxe
Posted by oscar on Abr 20, 2009 in
Presentación
Ola
Este é o comezo do Blog que desde o departamento de “IT” do Grupo Proxectos imos crear e manter, pretendemos publicar noticias que creamos poidan ser interesantes para as persoas que formamos esta empresa, e por que non, tamén para calquera outro usuario que chegue a lernos.
Non pretendemos facer ningún manual de uso de Internet e as “novas tecnoloxías” (que non se por que dinlles novas se xa non o son tanto…), senón simplemente, compartir esas cousa que ao mellor nós supoñemos coñecidas por todos, e que posiblemente non o son tanto, ou presentarvos algunha aplicación que poida facernos o traballo un pouco máis cómodo ou sinxelo, ou tamén algunha que outra cousa que por internet nos atopemos e consideremos que pode ser digna de mención.
Así que aquí estamos, como sempre, para que o que publiquemos o lea quen queira e o use quen lle apeteza.
Saúdos a todos.
Oscar Doce.
Tags: Saudo