1

Compresor Audio (wav a mp3, etc)

Posted by monica on Feb 15, 2010 in Programas

Seguimos pola póla  da conversión de formatos para poder adaptar a nosa información as novas tecnoloxías, hoxe os vou a presentar un conversor de audio, que seranos moi util pra esos cds que temos en wap e que non podemos escoitar nos nosos mp3, mp4, ipod, etc, ben isto o imos solucionar con este conversor. É compatible con Windows 2000/XP/2003/Vista/Siete

O programa chamase Free Mp3 Wma Converter e é software libre coma todo o que aquí presentamos.

Unha vez que o tenemos descargado, cuando o instalamos nos instala tres programas, un para convertir de wav a mp3, outro que vai convertir de mp3 a wav e outro que é para cortar el audio.

Neste caso o que interesanos é o primeiro “CD RIPPER”, este programa realiza varios tipos de compresión de ficheiros de audio, ainda que neste caso imos a ver o de mp3 que é o máis coñecido e empregado.

Cando o arrancamos a fiestra que  aparecenos  é a siguinte:

cdripper1

Agora imos  ver coma prodeceríamos a convertir o noso cd wav a mp3:

  1. Introducimos o noso cd no lector do ordenador.
  2. Prememos o botón de leer contido do cd
  3. Se nos aparecen as nosas pistas sen nome de canción, o que podemos facer é ben editalas nos mesmos (botón dereito enriba da Track XX  e editar título da pista. Ou ben prememos o botón que tiñamos como identificado anteriormente para obter título cancións, neste caso debes abrir o corta fogos para que poida funcionar correctamente. Igualmente pode que non se nos autocompleten os datos correspondentes o Artista, albúm, xenero, etc, neste caso os completaremos nos.
  4. Indicarlle a carpeta de destino (opción/ configuración)
  5. Escoller o tipo de compresión e que Bitrate  imoslle dar (opcion/configuración de la compresión), en principio  ven predefinido en mp3 e bitrate = 160, canto máis bitrate mellor calidade terá, entre 160 e 180 xa ten unha calidade baste aceptable.
  6. Premer o botón de convertir a mp3 e listo, a esperar que remate a compresión.

Imos  ver un exemplo en execución, neste caso só imos convertir as duos primeiras cancións do CD.

 
2

Conversor Videos

Posted by monica on Xan 11, 2010 in Programas

Ola a tod@s, esta vez vou presentarbos un programiña para a conversión de ficheiros de video, xa que hoxe en día con tanto ipod, iphon, mp4, etc pois nos pode interesar cambiarlle o formato os nosos ficheiros de fideo e poder visualizarlos en calquera desde dispositivos. Así como tamén serviranos para comprimirlos en formatos que pesen moito menos.

Bueno o que voy o programa chamase Free Video Converter, e coma todo o software que vos presentamos neste blog e gratuito, o podedes descarga aquí

Unha vez o tiñamos descargado, o executamos e escollemos o idioma que desexamos, aceptamos o acordo e nos aparecerá a seguinde ventaniña

freeconverter

Os recomendo que desactivedes as duas casilliñas, xa que senon se vos instalará a barra nos vosos navegadores de internet e iso non é moi recomendable. Logo os va a preguntar se estades seguros de non instalala así que premede en SI.

Bueno agora so nos queda empregar o noso programiña, e tan sinxelo coma engadir os arquivos e indicarlle a saia que desexamos, premer convertir video e listo.

Por exemplo se quero convertir o meo arquivo en formato ipod.

freeconverter2

 
4

Biblioteca Dixital Mundial

Posted by oscar on Nov 2, 2009 in Outras cousas

Hoxe apetéceme falarvos dunha páxina que é posible que moitos de vos xa coñecerades, pero para os que non, aquí está.

Esta páxina non nos ofrece un magnífico programa para crear iconas, ou unha aplicación para xestionar os calendarios de Google, ou un truco para filtrar correos, o que nos trae esta páxina non é nin mais nin menos que “CULTURA”, aquí queda iso, ambicioso obxectivo non?

Vos quero falar de:

wdl1

O título á ambicioso, non?, pois o contido é espectacular, ten contido dixitalizado de diferentes entidades que colaboran có proxecto, una delas é a UNESCO, e de bibliotecas de Brasil, Francia, Finlandia, Israel, Exipto e unha larga lista entre os que non está España (por desgracia).

Ben vos deixo aquí o que eles poñen na súa páxina como a súa “Misión”, esperemos que o consigan.

A Biblioteca Dixital Mundial pon a disposición en Internet, de maneira gratuíta e en formato multilingüe, importantes materiais fundamentais de culturas de todo o mundo.

Os obxectivos da Biblioteca Dixital Mundial son:

  • Promover o entendemento internacional e intercultural;
  • Ampliar a cantidade e a variedade de contidos culturais en Internet;
  • Facilitar recursos ós educadores, estudiosos e ó público en xeral;
  • Permitir ás institucións asociadas encoller a distancia dixital dentro de e entre os países.

Saudos Oscar.

PD. si non o notaredes, tendes a ligazón na imaxe ou aquí www.wdl.org


Tags:

 
3

Iconos personalizados

Posted by monica on Out 18, 2009 in Programas

Hoxe os presento unha aplicacióncilla que coma se fose maxia convirte calquer imaxe que teñamos en .png en icono. Deste xeito poderemos personalizar o noso ordenador, e incluso deixar máil claro o que conteñen as nosas carpetas.

Por exemplo se temos una carpeta na que temos imaxes de trisqueles, podemoslle por de icono un trisquel.

Este programa coma todos os que presentamos no noso blog e software libre e o podedes descargar aquí.icono1

 
2

Microsoft e o Marketing

Posted by oscar on Out 9, 2009 in Outras cousas

Ola, non sei se os enterachedes, pero o onte no telediario de tele 5 puxeron unha noticia “Curiosa”.

Parece ser que os rapaces de Bill Gates andan a voltas có lanzamento do seu novo sistema operativo “O Windows 7″, e buscando por ahí, atoparon un pobo chamado “Sietes”, está en Asturias, e os seus veciños non teñen nada que ver coa informática, vamos que para eles os ratos  son uns bichos que se te descuidas comense o grano e roente os calzóns, e claro pensaron que iso sería unha boa forma de presentar o seu novo engendro, e alá foron, desembarcaron alí e puxeronse manos a obra para rodar o seu spot.

Ben, pois resulta que se se puxeran a buscar un pouco antes (vamos cando sacaron o primeiro Windows” poderían ter atopado outro sitio curioso, un lugar entre Forcarei e Silleda que fai honor o nome do S.O. de Microsoft, chamase Fiestras (traduccion literal de Windows ó Galego) e ben podería ser o lugar no que os rapaces de Bill fixeran a presentación de aquel primeiro Windows.

Para mostra a foto (é que pasei por alí e non me puiden resistir a inmortalizar o momento).

forcarei-01

Saudos a todos.

Tags:

 
5

GMinder, Google Calendar dende a barra de inicio

Posted by oscar on Set 25, 2009 in Programas

GMinder permitiche ver dende a túa barra de inicio cualquera entrada que fose agregada a Google Calendar, sen ter que visitar a  súa páxina.

Basta con executar o programa, configurar o nome de usuario e o contrasinal, e marcar os calendarios que desexas ver para comenzar a usalo.

clave

Un clic có botón esquerdo abre a vista previa dos seguintes eventos,

eventos

mentres que un clic có botón dereito obterás aceso a opcións adicionais do programa, como a taxa de refresco ou as cores coas que podes diferencialas entradas.

inicio

É posible engadir eventos fácilmente dende a aplicación, ben na opción “Add event” do despregable de opcións, ou sobre o botón “New” da ventá de eventos.

nuevo

O programa tamén descarga o contido dos teus calendarios ó teu ordenador, polo que podes acceder os teus datos sen necesidade de estar conectado á rede.

Ben, agardo que sexa de utilidade, a ligazón para descargar o programa está ó comenzo do texto, na palabra GMinder e aquí.

Saudos

Oscar.

Tags: , ,

 
2

Barra de accesos directos

Posted by monica on Xuñ 15, 2009 in Programas

Ola, se vos gusta o orden no escritorio e vos estresa ter moitos iconos no mesmo (como pasame a mín) pero o mesmo tempo queredes ter os accesos directos as vosas aplicacións a man, os presento un pequeno programiña chamado ObjectDock que vos pode axudar a conseguir isto.


Como observades meter e quitar accesos directos novos non ten ningunha ciencia, simplemente arrastrar dentro ou fora da nosa barra de iconos.

Este programiña é software libre e podese descargar dende este enlace

Mónica

Tags:

 
2

Traballar con PDF

Posted by oscar on Xuñ 15, 2009 in Programas

Ola a todos…

Sei que fai moitos día que non publicamos novas, pero espero que os lectores do blog, (si, lectores!!!!!!!!, temos coñecemento de que, a lo menos tres persoas o miraron, e non pensedes mal son tres persoas sen contarnos Mónica nin eu ;-) ) non se enfaden pola espera.

Pois Ben, no afán de buscar solucións para os problemas que nos atopamos no traballo diario, hoxe vos quero falar dunha aplicación gratuíta que serve para ler PDF, “vaia parvada” pensaredes, e sería certo o da parvada se a aplicación en cuestión, quedarase soamente na “lectura” de PDF, pero non é así, este programa, ademais de permitir ler pdf (que xa o permite de maneira gratuíta Acrobar Reader), permite facer certos cambios sobre eles (isto xa parece mais interesante, non?).

O programiña en cuestión chamase “Foxit Reader”, e a paxina da empresa que o fai é www.foxitsoftware.com, nela poderedes descargar a aplicación de maneira gratuíta, (para facilitarvos, esta é a paxina de descargas); nunha primeira instalación está en Inglés (coma de costume), pero unha vez instalado podedes descargar o idioma castelán (o galego inda non está dispoñible, o lamento).

Algunhas das cousas que nos permite facer son. Engadir notas de aviso tipo post-it, subliñar o texto, tachar texto para indicar que o queremos substituír por outro e escribir ese outro texto nunha nota, aplicar marcador de cores para resaltar o texto que nos interese, engadir texto sobre o documento en calquera posición…, vamos que poderemos case traballar co PDF como se estivésemos cun documento impreso, claro está que non nos permitirá modificar o texto que xa está escrito para cambialo por outro, pero ben, para ser gratuíto xa vai facendo cousas, e penso que soluciona moitas das funcións que algunhas compañeiras da empresa buscabades.

Un detalle a comentar, é que a empresa ten unha versión “Pro”, que permite facer mais cousas e os moi cucos inclúen as ferramentas na versión gratuíta, pero cando as intentas usar, avísate de que só están dispoñibles na versión de pago, pero ben, eu penso que as que inclúe son moi interesantes.

Se precisásemos modificar o contido do PDF, a mesma empresa ten o Foxit Editor, do cal podemos tamén descargar unha versión de mostra, que permite modificar PDF pero engade unha marca nos arquivos, ou podemos mercar a versión completa para evitar as marcas.

Pois xa está por esta vez, espero que alguén chegue a probar a aplicación e lle pareza tan interesante coma a min.

Saúdos e a darlle uso ó programa…

Oscar

Tags: ,

 
2

truco sinxelo para comezar

Posted by oscar on Mai 7, 2009 in Programas

Ola

Vai sendo hora de comezar con algún tema, que o de presentarse é necesario por educación, pero aquí estamos para publicar cousas que podan ser de interese.

O outro día escoitei que alguén protestaba porque o tamaño dun arquivo era moi grande, e iso era un problema para envialo por email ou simplemente para usalo no ordenador, porque cargaba moi lento; pois ben, unha das causas de que os arquivos, por exemplo de Word, crezan de tamaño de maneira exponencial, é o de engadir imaxes ó noso documento.

Agora as cámaras de fotos crean imaxes de moitos megapixels e por conseguinte, dun tamaño de mais de 1 MB (cando non mais de 2 o 3), se nos engadimos a imaxe tal como é ó noso documento, lle estamos a sumar ese tamaño, inda que despois de pegala no documento, a poñamos “máis pequena” o que facemos é cambiar a forma de mostrala, pero non o tamaño que ocupa.

Unha solución para isto é a de reducir o tamaño das imaxes antes de pegalas no noso documento, e para facer isto dunha forma rápida, sinxela e con moitas imaxes o tempo, está o programa Squash.

A páxina dos autores é www.sebruiz.net e a páxina do proxecto en google code está aquí.

O programa é moi sinxelo de manexar, simplemente engadimos as imaxes, escollemos a carpeta de destino, escollemos a porcentaxe de redución (ollo de acordarvos de marcar o “lock aspect ratio” para que non se deformen) e darlle a “Resize Images”. Podedes ver a pantalla do programa na imaxe.

Squash 3.0

Squash 3.0

Outros datos interesantes son que o programa é Gratuíto, non é necesario instalalo e ademais existen versións para Windows linux e Mac, así que non tendes escusa para non usalo ;).

Creo recordar que en Proxectos xa vos falei de este programa, pero non está de máis recordar, no?

Pois creo que con isto esta ben para empezar, seguiremos buscando cousas que podan ser interesantes.

Un saúdo dende o departamento de informática.

Oscar.

Tags:

 
2

Inicio do blog do departamento de Informática

Posted by oscar on Abr 20, 2009 in Presentación

Ola

Este é o comezo do Blog que desde o departamento de “IT” do Grupo Proxectos imos crear e manter, pretendemos publicar noticias que creamos poidan ser interesantes para as persoas que formamos esta empresa, e por que non, tamén para calquera outro usuario que chegue a lernos.

Non pretendemos facer ningún manual de uso de Internet e as “novas tecnoloxías” (que non se por que dinlles novas se xa non o son tanto…), senón simplemente, compartir esas cousa que ao mellor nós supoñemos coñecidas por todos, e que posiblemente non o son tanto, ou presentarvos algunha aplicación que poida facernos o traballo un pouco máis cómodo ou sinxelo, ou tamén algunha que outra cousa que por internet nos atopemos e consideremos que pode ser digna de mención.

Así que aquí estamos, como sempre, para que o que publiquemos o lea quen queira e o use quen lle apeteza.

Saúdos a todos.

Oscar Doce.

Tags:

Copyright © 2010 Probaches a reiniciar…? All rights reserved. Theme by Laptop Geek.